top of page
DSC_3793.jpg
  • Negro del icono de YouTube
  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
amapola 30.png

Raices Doces

Reportaxe

A receita da diversidade cultural galega ten tres ingredientes principais, as améndoas, os dátiles e a auga de azar. Todos son importantes para a elaboración do doce da cultura. Atréveste a coñecer esta receita tan especial?

Ingredientes
Enfornado

Unha vez mesturados os ingredientes que conforman a diversidade cultural enfornámolos a fogo lento na Tafona de Herminia, un recunchiño atemporal da vila de Ribadavia no que podemos degustar doces xudeus artesanais.

Despois de toda a elaboración por fin temos o resultado final, os doces xudeus de Herminia, elaborados con ingredientes moi especiais e con moitas propiedades beneficiosas para a saúde.

Doces
Información
Raíces Doces

Atréveste a coñecer a historia xudía de Galicia? Nesta reportaxe faremos un percorrido dende o asentamento xudeu ata os nosos días, e presentarémosvos a Herminia, tafoneria maior de Ribadavia, e aos seus doces sefardís.

​

Atréveste a probar a receita da diversidade cultural galega? Moitos de nós temos raíces sefardís pero non o sabemos. Cantos vos apelidades Díaz, Pérez, Estévez…? E cantos tedes apelidos vexetais como Pereira, Piñeiro, Viña, Carbajal…? Sabiades que todos estes apelidos e moitos máis teñen orixe hebrea?  

Nós

Somos un grupo de alumnos de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Neste proxecto exploraremos as nosas raíces máis doces. Atréveste a probar?

Contacto
bottom of page