
Doces
Os doces da Tafona de Herminia
Por fin chegamos á nosa parte favorita do xantar, a sobremesa! É o momento de degustar os doces xudeus de Herminia. Como xa vos contamos, estes manxares culturais están elaborados con ingredientes moi especiais, con unha chea de beneficios! Pensade... se agora tedes que elaborar un doce, que ingredientes precisades? Efectivamente, o máis común é pensar en ovos, auga e fermento, pero ningún destes compoñentes está nestas pastiñas sefardís, o que as fai singulares. Ademais, se sodes celíacos temos unha boa noticia, xa que varios dos doces que compoñen o “surtido” non levan fariña de trigo.
Os doces xudeus da Tafona de Herminia| Imaxes propias
Os ingredientes cos que Herminia elabora os doces xudeus teñen moitos beneficios para a saúde. Preme neles para coñecelos.

DocesXudeus
Os doces xudeus de Herminia Rodríguez | Elaboración propia
